Cultura

A bolboretiña do día | Un ou dous signos de interrogación?

Cultura

A bolboretiña do día | Un ou dous signos de interrogación?

O castelán usa signos de interrogación ao principio e ao final e practicamente o resto das linguas só usan o final.

Cóntolles a orixe do problema. En latín non había estes signos, o que era un lío para ler, pero nos tempos de Carlomagno, un monxe inglés, Alcuino de York, para facilitar as cousas, empezou a pór ao final das frases unha Q maiúscula e unha o minúscula, para abreviar “Quaestio”, pregunta. E de tanto repetiren ese Q e ese circuliño, ao final quedoulles estilizado en ?

En inglés, como saben, as frases interrogativas empezan todas de forma moi fácil de localizar, Who, Which, Do, Did, etc. por iso non o levar ao principio tanto lles ten. As linguas latinas copiaron, seica, deste uso inglés. Pero o que pasa é que as interrogativas non empezan necesariamente por unha fórmula fixa, e é moi frecuente que unha frase sexa longa e só ao final saber se é interrogativa. Por exemplo: "Viñeches onte pola miña casa ao saír do traballo ou non?" Por esta cuestión, o castelán innovou. Puxo o signo tamén ao principio: "¿Viñeches...?" Parece bastante razoable. Pero como ningunha outra lingua máis o usa, os galegos dubidamos. As normas dinnos que é mellor non o pór, pero deixa a porta aberta a que si.