A fala dos vellos

A bolboretiña do día: "estar en desacordo"

bolboretiña5
Apuntes de galego do profesor Vázquez Monxardín
E se para afirmar repetimos o verbo, como facemos para negar? Podemos establecer tres graos. Negación simple e normal: Non. “Queres outro viño? –Non. (Ao que engadiriamos “graciñas”, de sermos minimamente educados). Negación máis dura: Non ho!. “Vas caer! -Non ho!, téñoche bo coidado pola conta que me ten”. E outra, común co castelán rural, que é a forma máis radical, “Ca”. “Imos á praia á tardiña? -Ca! Hache estar a auga fría de carallo”. Este ca, negación exclamativa popular, cun a arrastrado e longo, de nula tradición literaria, óese cada vez menos. A min sempre me chistou porque me lembra a fala de meu avó Tono.

Te puede interesar