A fala dos vellos

A bolboretiña do día: expresión "de noso"

wordcloud (1)
photo_camera wordcloud (1)

Dicíalles que os de Vigo teñen acento “de seu”. Estes posesivos con de (de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu) para reafirmar a propiedade plena ou a calidade natural, son moi expresivos e tradicionais. 

De dicirmos de alguén que “É moi traballador de seu”, queremos significar que non hai que tanguelo, que fai as cousas por propia iniciativa. E se dicimos que “Temos casa de noso”, significa que non é alugada nin emprestada, que a compramos ou a herdamos. 

A maioría dos que, de seu, falan galego -ou sexa naturalmente- usan estas formas. É son, tamén, enxebres e bonitas de seu. Usémolas, pois.

Te puede interesar