A fala dos vellos

A bolboretiña do día: "Para sermos agradecidos"

Cando agradecemos algo estamos establecendo un fío de simpatía e proximidade coa persoa á que llo dicimos, por iso podemos usar coloquial e enxebremente “Graciñas”.

Moitos vellos ata non hai moito dicían “Beizón”. Pero a forma derivada do latín “Gratia”, dominante na latinidade (castelán, catalán, italiano... ) aparece en galego desde sempre. 

Nas cantigas de Afonso X, na 209, o rei que recupera a saúde pola interveción da virxe, e o rei di “dei graças a Ela” . Esta forma acabou por facerse case única, transformada na fala popular en “Graciñas”, con esa achega afectiva tan nosa. 

En castelán, imposible, “gracitas” non existe. Graciñas, pois, é forma enxebre de noso. E grazas por leren isto e beizón aos que o fixeron.

Te puede interesar