Cultura

A bolboretiña do día | A familia trans

undefined
Palabriñas próximas e moi emparentadas polo prefixo latino “trans”, de onde vén tamén a nosa preposición “tras”, para referirse a movemento son tráfico, tránsito, trasfega, etc. O verbo “traficar”, por exemplo, asociámolo, claro, a cousa ilegal. Igualmente, a palabra tráfico, vén desde o italiano con esa forma e significado do ilegal; tráfico de divisas ou de drogas. Para a circulación de vehículos e persoas por espazos públicos, sen dúbida, é moito mellor usarmos as vellas formas latinas, tránsito e transitar, “Desde que comezou a pandemia, o tránsito é moito máis fluído polas estradas”, etc.  “Trafego” e “trafegar” parecen evolución vulgar da palabra italiana, e en galego desde o XIX, ten un significado moi comodín, de movemento dun lugar a outro de materiais, de charlar, traballar, etc. etc. “Botou máis de media hora neste trafego tan ruín”, etc. Os portugueses úsano como esdrúxula “tráfego” e fano sinónimo de tránsito, deixando o “tráfico” só para as malas cousas.  Trasfega e trasfegar, pola contra, fálanos de movemento ordenado de líquidos, a trasfega do viño, etc. Porque se o facemos sen orde nin concerto, estaríamos, na miña fala, “caxougando”. Claro que para xogar, os nenos “batuxan”, a auga; golpéana para mollar e rir. Seguro que o verbo ten que ver con bater e batán, unha clase de muíño de auga, igual que “A Batundeira”, onda Velle.

Te puede interesar