A bolboretiña do día | O frío vén feito

wordcloud (3)

Se co tempo cronolóxico usamos o verbo “haber”  (Hai dez días que non chove) a non ser como sinónimo de cumprir (A nena fixo dez anos onte), co tempo climatolóxico usamos, normalmente, o verbo ir. (Vai moito fío). Incluso hai un xeito tradicional de retrucar aos que mal usan o verbo “facer” (Fai frío) que é dicirlles  “Xa vén feito”. 

De todas maneiras, creo que ao igual que os portugueses, no tempo atmosférico vacilamos con outras formas vivas: Está frío, fai frío. 

Se cadra, esta última forma -a máis viva do portugués- é vella influencia común, como tantas outras, do francés ou do castelán (Il fait froid, hace frío). 

En calquera caso, cumpriría abrigarse.

Te puede interesar