A bolboretiña do día | Fun ónha festa

¡¡

Saben todos vostedes que cando dicimos “a nena vai á festa” pronunciamos os dous as de forma distinta. Un con máis voz –á festa- e outro con menos –a nena-. E se dicimos “o neno foi ao médico”, tamén pronunciamos os dous os de forma distinta. O primeiro o –o do neno- é pechado e o que escribimos “ao” pronunciámolo como “o aberto”. 

Antes escribiamos “ó” pero agora por mandato da RAG e para achegarse ao portugués aconsellan “ao”, pero aínda que o escribamos, nunca debemos pronunciar a-o, senón sempre ó. Máxime en Ourense, onde facemos incluso contraccións desa preposición a e as formas un e unha. Así os falante vellos din “fun ón sitio preciso” ou “fun ónha festa moi boa alá por Gustei”. Estas pronuncias últimas pertencen ao noso galego oral, e eran do gusto escrito de Curros Enríquez, e son tidas por formas vulgares. 

En calquera caso, as persoas que as usan falan un galego rico e natural. E a min gústanme. Aínda que non as escriba, claro.

Te puede interesar