Cultura

Bolboretiña do día | Ir feito un entroido

undefined
Aínda que non o pareza, estamos no tempo do Entroido. E este ano, aínda que non nos poñamos caretas ou carautas que vén ser o mesmo, andamos todos feitos uns entroidos. Que é como dicir ridículos e rechamantes. Será pola cousa das máscaras sanitarias que gastamos. Andar feito un entroido é, pois, ir un tanto ridículo. Por exemplo, se un/unha se viste de Agata Ruiz de la Prada, para min que poderiamos usar a expresión sen medo a enganarnos. Claro que a palabra meco, á parte do boneco espetado nun pau ou dependurado dunha corda, tamén se pode usar como despectivo para home. Por outra banda, curiosa e inexistente nas linguas veciñas é, para a persoa de vestir descoidado -por exemplo coa camisa por fóra e pouco aseado- a palabra brégolas. “Unha peniña, tan boa xente e anda feito un brégolas”. Seguro que os que a inventaron non poderían nin imaxinar que habería unha moda, andando os séculos que fose levar os pantalóns rachados e faltándolle cachos. Aí si que xa non sei que palabra se axeitaría.

Te puede interesar