Cultura

A bolboretiña do día | O lume e o fogo

Cultura

A bolboretiña do día | O lume e o fogo

Hai palabras que van perdendo o seu uso, como en castelán “la lumbre” fronte a “fuego”. Parece que “la lumbre” nos leva á imaxe dunha vella tornando o frío ao pé dunha cociña de ferro nunha casa afumada. 

En galego, non retrocedeu nada, é a palabra máis xeral. Lume -para nós, claro, masculino sempre- ten que ver igual coa luz e calor das chamas de algo que arde. O lume da lareira, o lume dos montes, quedarse sen lume... Fronte a eles, fogo ten que ver, principalmente coa calor desa combustión e, tamén, coa luz. De aí, armas de fogo, os fogóns da cociña, fogueiro -o home que termaba dun fogón nun barco, por exemplo-; “abrir fogo”, nunha batalla; “Fogo!” como orde de disparar. Pero “dálle lume!” como sinónimo de “Apura!”. 

En fin, pódese falar dos “fogos forestais”? Poder pode, así fan en Portugal, pero entre nós é máis normal o dos “lumes”. En calquera caso, son significados moi próximos, e cómpre non queimarse.