A fala dos vellos

A bolboretiña do día | Miño, Limia, Támega, Arnoia

descarga_resultado
Vostedes saben coma min que falamos un latín que podreceu entre nós e que chamamos galego. Pero é curioso que nos quedan algunhas cousiñas de hai máis de dous mil anos. Sobre todo os nomes dos ríos e montes. Tamén de moitos lugares que nos é imposible pensar o que significan. Por exemplo, se digo “Vilar de Perdices” falo latín; pero se digo “Cazarrancas”, “Cornoces” ou “Cartelle” boto man de palabras de antes dos romanos. E así, os ríos todos. Si, cando chegaron os romanos, xa falabamos nós do Miño, do Limia, do Arnoia, do Támega, do Deva... Como hoxe falamos de Alaska, Yucatán, Ohio, Paraguai, Ipanema... Usamos os vellos nomes coas novas linguas. Sempre foi así.

Te puede interesar