A fala dos vellos

A bolboretiña do día | Nomes de animais

descarga_resultado
Era Otero Pedrayo o que cando viu en 1947 as Pampas arxentinas cheas de vacas dixo algo como “Pobres vacas... E sen nome!”. Porque unha cousa é ter un par delas e chamarlle “Perla”, “Cabana” ou “Pinta” e outra ter que buscarlle nome a cinco ou dez mil e que anden ceibas por aí. Dos animais da casa só tiñan nome os máis próximos. Cans, cabalos e gatos. Non así as pitas, os cochos, as ovellas, cabras, etc. E dos cans hai unha historia moi curiosa. Antes púñaselle un nome sonoro que facía referencia a inimigos. “Sul” e “Nei” eran como lle chamaba a xente a dous xenerais franceses na guerra da independencia, e pasaron aos cans. Se cadra inda lembran algún. E creo que o de chamarlles “Troski” debeu empezar cando a república, porque o tal señor andaba moito na boca dos politicos da epoca. Despois as “Laikas” tiveron que ver coa carreira espacial... Así as cousas van cambiando.  Agora coñezo varias cadelas “Lúa” pola sonoridade. Imos indo. 

Te puede interesar