A bolboretiña do día | Non é un anuncio de colonia

sddsa
photo_camera sdds

Unha expresión que moito me gusta e non sei como as feministas non botan man dela para gabar unha certa tradición igualitaria galaica, é esa de tratárense de xeito semellante entre os cónxuxes, co posesivo afectivo. 

Así, na fala tradicional, enxebre, un home pode dicir “A miña muller está na casa” e unha muller pode facer unha frase simétrica e dicir “O meu home está na casa”. Imaxíneno en castelán. Parece dun anuncio de colonia “Mi hombre está en casa”. 

De todas maneiras sempre lembrarei unha vellísima amiga da miña avoa, de Cudeiro tamén, que en vez de “o meu home” dicía sempre “o meu amo”. 

Obviamente, mandaba ela na casa. 

Te puede interesar