A fala dos vellos

A bolboretiña do día: "para que nos dean a razón"

Remataba a entrega anterior usando esa interrogación retórica final que espera resposta positiva tan nosa que é “non si?” e que tamén podería ser “non é?”. 

Os ingleses teñen algo parecido, a chamada “question tag”. Ramatan calquera frase afirmativa cunha simple interrogativa negativa con suxeito expreso, “Isn’t it?”, “don’t you?” etc. En castelán úsase simplemente “Verdad?” e moitos galegos estano empezando a utilizar. (Lembro a Ramón Piñeiro, que o usaba moito). En galego, “verdade” non encaixa nada ben nese contexto. Asi pois, en castelán “Eres de Ourense, verdad? pero en galego “Es de Ourense, non si? ou “Es de Ourense, non é?. Calquera dous dous. Gústame máis o primeiro, paréceme máis enxebre, non si?

Te puede interesar