BOLBORETIÑA

A bolboretiña do día: "o noso, a dúbida"

N  egar, afirmar... o que se nos dá ben é o terreo intermedio, a dúbida. De querermos usar partículas enxebres, temos ben onde escoller. “Seica”, moito mellor que “parece ser”, cun matiz de distancia.

-Seica vai haber novas eleccións. 

-Seica si. 

-Galicia ten, seica, mil douscentos quilómetros de costa. (Non son quen de afirmalo rotundamente, non os medín eu.)

Para a maioría dos usos de seica, tamén “disque”. “Disque vai vir o verán adiantado”. Outro: “se cadra”, máis enxebre que “talvez”. 

–Se cadra vou a Vigo o sábado. 

-Vou acabar que, se cadra, os canso e non quero.

Te puede interesar