Cultura

A bolboretiña do día | Parladoiro, faladoiro e parlamento

2020102223505417584

Vostedes saben que o Parlamento pode ser galego, español ou europeo. En todos tres, os deputados “parlan” moito. Non é palabra usual, pero sabemos que parlar -ou parolar- é falar de xeito intranscendente. “E logo de que parlastes?” podemos preguntar e así non usamos un verbo, seica, escuro e italiano como “charlar”. 

O dicionario da RAG concreta e di que parlar é: “Falar amigablemente sobre calquera asunto”. E debería. E "parladoiro" refírese a aqueles banquiños enfrontados, ó pé das ventás que hai nos conventos e un dos poucos lugares onde os monxes ou monxas podían parolar. Tamén se lle chama así ao lugar ao pé das reixas nos conventos para facilitar comunicación sen invadir espazos. Os portugueses, máis cultos, chámanlle “parlatório”. 

En fin, a palabra "parladoiro", ten un sinónimo parcial que é “faladoiro”, que se pode referir a xuntanza de varias persoas para simplemente falar... “Acabouse o sol, acabáronse os faladoiros/parladoiros á tardiña no Parque da Marina”. A RAG recomenda o seu uso en vez da castelá “tertulia”, que pasou ao portugués pero descoñecen outras linguas.

Te puede interesar