A bolboretiña do día | Petróglifo, esdrúxula

descarga (2)
photo_camera descarga (2)
Avantaxe de ter unha lingua filla boa moza e exitosa, como o portugués, é que podemos mirar para ela, orgullosos, tantas veces como queiramos, sen que por iso teñamos que asegurar que nai e filla son a mesma persoa. E mirando como din eles, petróglifo, vemos como, nesta ocasión, teñen a razón. E cando a teñen, debemos axudarnos deles para non facérmonos un dialecto do castelán. Vou ao caso. Cando hai palabra composta de dous substantivos latinos, a acentuación vai no primeiro deles. Petróleo, por exemplo, "aceite de pedra", non é petroleo. Petróglifo, igual, "marca na pedra". Así acentúan na maior parte das linguas. Que o castelán non o faga, non quere dicir que nós teñamos que facerlle máis caso á irmá cá filla.

Te puede interesar