CULTURA

A bolboretiña do día: "Contra os pobos"

2020062107551531401
Entre os castelanismos travestidos hai un que me arrepía: pobo. O único uso que ten esa palabra entre nós, é idéntico ao do inglés “people”, do francés “peuple” ou do italiano “pópolo”. Ou sexa, conxunto humano, xente. O feito de que en castelán tamén lle chamen “pueblo” ao que nós lle dicimos “aldea” ou “lugar”, fixo que moitos mozos, fuxindo do estigma de “ser da aldea” do castelán, usasen “pueblo” como palabra “modernizadora”. Así un vello diría “a miña aldea é aquela de ala arriba...” e o neto “o meu pueblo é aquel de alá arriba...”. Pero se o rapaz quere peneirar o seu galego e di “O meu pobo é...”, diría mal. Pero se exclamase desde un balcón o día da festa: “Pobo de Vilariño, como en Irlanda, érguete e anda”, falaría ben e, se cadra, inda acababa na política.

Te puede interesar