Cultura

A bolboretiña do día | Presidente ou presidenta

Cultura

A bolboretiña do día | Presidente ou presidenta

undefined
A lingua non é un fósil e cambia. Ás veces, incluso, contra a lóxica da historia da lingua. E como os tempos andan acelerados, os cambios tamén se producen de forma acelerada. Por exemplo, hai un sufixo axente que indica que unha persoa realiza unha acción, -nte. Así a persoa que canta, é cantante; a que actúa con dilixencia, dilixente; a que fai as cousas con excelencia, excelente; as que imparten docencia, docente. E se son homes ou mulleres vai na forma que o acompaña, artigo, demostrativo, adxectivo, etc. O cantante, a cantante; o magnífico docente, a extraordinaria docente, a nena/o neno dilixente, etc. Así, a ninguén se lle ocorrería -a día de hoxe- dicir “Luz Casal é unha excelenta cantanta”. Pero hai outros substantivos en -nte que agora xa é normal usalos con esa alternancia, como Presidente/presidenta, partindo do erro de que ese neutro -nte, fose un masculino excluínte. Sempre lembrarei uns días que pasei no Cono Sur que na prensa dicían na Arxentina que a beizuda -chéirome que de bótox- Cristina Fernández de Kishner era a súa “presidenta” e en Chile, dicían que a Michele Bachelet era a súa “presidente”. En fin, a lingua cambia e debemos dicir hoxe “presidenta” e “xuíza” e “avogada” aínda que aos puristas da etimoloxía nos renxa.