A bolboretiña do día | Preto e cerca

20200919224116483

Moitas veces hai dúas palabras que significan o mesmo, como estadullo ou fungueiro, como mincha ou caramuxo, como golpe ou raposa. E como se ve, poden vir de orixes diversas.

Iso pasa coas formas de aproximar. Unha é a palabra “preto”, que seica vén dunha forma relacionada con apertar, coa proximidade física, e así dicimos: “A miña casa está preto da túa”, por exemplo. E outra é a forma “cerca”, que está relacionada cunha “cerca” “círculo”, “circo”, etc. e máis relacionado con “ao redor”, de aí que a tendamos a usar máis con números. Así diriamos mellor: “A Vigo hai cerca de cen quilómetros” ou “túa avoa debe ter cerca de cen anos” ou “ti debes pesar cerca de oitenta quilos”. Dicilo con preto, se cadra non está mal, pero a orixe é como lles eu digo. Creo.

Te puede interesar