Cultura

A bolboretiña do día | Renxer portas e dentes

Cultura

A bolboretiña do día | Renxer portas e dentes

undefined
O vocabulario tradicional é a alma da lingua nosa e de calquera. E ese vocabulario popular está estreitamente ligado a cadansúa transmisión oral. Son millenta as circunstancias que se nos presentan na vida e para as que temos vocabulario específico. Pero se vivimos máis horas en posición pasiva coas pantallas, ou sexa vendo películas ou televisión, que falando con persoas, é case imposible manter como globalmente dominante as formas enxebres galegas. E como galego e castelán son dúas linguas tan próximas, e mesturan ben, como o viño e a auga, pois ao final xa non sabemos se unha forma é dunha ou doutra. Para calquera galego tradicional, se a porta non está ben encaixada, se as táboas do chan tampouco, dicimos que “renxen”. O verbo renxer -en Portugal e en galego dialectal, tamén con a inicial, “ranxer”-, ten outros usos. Cando un está moi enfadado, encabuxado realmente, poderiamos dicir que “renxe” ou que “lle renxen os dentes”. De aí a padecer bruxismo, que é como se chama esa doenza de apertalos dentes, vai pouco camiño.