Cultura

A bolboretiña do día | Topar ou atopar?

undefined
As dúas formas valen, igual que inda ou aínda. No dicionario da RAG di de atopar “para todas as acepcións sinónimo topar”. O etimolóxico é topar que é o único admitido en Portugal. Tamén vale, claro, encontrar, que vén doutra orixe. E eu creo que fiando fino, fóiselle dando un matiz a cada unha das formas. Creo que un atopa aquelo que busca e topa o que non busca. Creo que eu diría “Atopei as chaves!” e “Topeino pola rúa cando miraba un escaparate”. En castelán relacionámolo con golpe -de aí nace o seu “topetazo”- pero nós neste sentido dicimos “petar”. “Varréuselle o coche e petou cun poste”. Nada que ver, por suposto con “toupar” ou “estoupar” que é o que fan as castañas e algo que case pode facer un de risa ou de comer de máis. “Comín tantas castañas no magosto que case toupo”. Algún neofalante di “atoupar” pero é pecado venial, como dicir “miño” en vez de meu. Pasa rápido co tempo.

Te puede interesar