A bolboretiña do día | Trapalleiros, rabudos e parvos

2020080907594476687

Noutrora foi boa cousa a influencia do castelán no galego porque permitiu unha actualización do vocabulario desde o mundo da alta cultura que doutro xeito non se daría, por non existir daquela en galego ese rexistro. Palabras como “xeografía”, “humanidade”, “vexetariano”, “estrutura”, etc., que son case iguais en todos os idiomas, entraron así. 

Pero co bo veu o malo, o exceso. Hoxe xa “peneiramos” e non dicimos “ochenta” nin “gallego” e sabemos que avogado é con uve, etc. Repasamos a lingua como se fose un coche sen usar un par de anos.

Pero que sería do noso castelán sen a influencia do léxico galego!? “Tu primo es un tipo caralludo” podería dicir un calquera que falase “o noso castelán”. Ou “rabudo” ou “trapalleiro”. Como dicimos “colo”? A verdade é que recorremos á capacidade expresiva do galego, porque a lingua segue viva nas nosas raíces. 

Non fagamos o parvo —outra— e teñámoslle un pouquichiño máis de cariño.

Te puede interesar