A bolboretiña do día | Tutear e atuar

undefined
Aunha persoa podemos tratala de vostede -o normal, se non a coñecemos- ou de ti, tu diriamos no vello galego de todo o centro e oriente de Galicia. Ese segundo fenómeno coñecese co nome de “tutear” ou “atuar”, ambas palabras sinónimas en portugués e en galego. Claro que como na lingua estándar a forma é ti, aínda non debe estar resolto o tema, pois “titear” ou “atiar” nunca os oín nin vin en  ningures, e ningunha das catro formas existe no dicionario da RAG . En Ourense tendemos máis a usar a forma tutear para evitar a confluencia co verbo “atoar” (que nós pronunciamos sempre con u, “atuar”; xa saben a tendencia auriense: irmau, vrau, etc.). Atoar/atuar pois, é quedar trabado algo, non ir nin para adiante nin para atrás, como preso nun “atoleiro”, que é palabra culta e pouco usada emparentada co castelán “atolladero”. Tamén como moi noso para falar de dificultades de avance as palabras “pexa”, e o verbo “pexar”. “Pexa” era un trebello do muíño para frear a moa e, tamén, un pau que se ataba nas patas dos burros cando pacían para que non escapasen. E de aí, pasamos ás metáforas, “Para que o noso futuro non estea pexado pola debacle demográfica é preciso ter máis fillos”.

Te puede interesar