A bolboretiña do día | Xuízo, xuíces e xuízas

descarga

A palabra xuízo vén do latín “iudicium”, que deriva de “ius” -dereito e lei - e “dicare”, sinalar, como en indicar, ou dedo índice. Así pois, un xuízo é un acto onde se sinala e interpreta a lei.

E xuíz vén do latín “iudex”, a persoa con tal responsabilidade. Palabra neutra, carece de marca de xénero como (axente, cantante, cooperante) que se usan indistintamente para masculino e feminino. Así poderiamos dicir un xuíz, unha xuíz, da mesma forma que un cantante e unha cantante, pois de haber marca feminina, -xuíza, jueza- debería haber a correspondente masculina -xuízo, juezo-. Pero hai razóns extralingüísticas que fan que as linguas evolucionen de formas artificiais. Os portugueses, por exemplo, usan “chefe” -xefe- para ambos (o meu, a miña xefe), pero din xa “juiza”. E nós nosos dicionarios, tamén é a forma recomendada e xa asumida.

Te puede interesar