A bolboretiña do día: Os nosos dous enes

descarga

Todos pronunciamos ben os dous enes diferentes que temos en galego. Diga vostede, a cámara lenta, “neno” e logo “un avión” e compare. Ou mellor, moi lentamente diga “non”. No ene inicial pousa a lingua xusto por riba dos dentes, -ene alveolar, chámanlle- e no da fin queda a lingua colgada no medio da boca, -ene velar (Este é o son, o mesmo que o do xerundio do inglés -ing). 

É o que máis dificultades lles causa aos non galegos, pero na fala enxebre, cando son formas que se repiten moito, o ene velar cambia ao outro e así, aínda que escribamos “non o sei”, “nin a vin nin a quero ver”, ou “A esa moza, ben a coñezo”, debemos pronunciar “nono sei”, nina vin nina quero ver”, ou “bena coñezo”. O que pronuncia “Non- as- vin”, normalmente non é galegofalante. Tamén hai os que apuran máis e din, incluso “N'as vin”. Por Santiago, moito.

Te puede interesar