As linguas non son “fotocopias” por iso cada unha ten o seu xeito de expresarse. A construción de frases que levan preposicións con usos particulares son moi nosas.
Por exemplo “Come na carne e deixa as patacas, home”; “Tirou co orixinal da novela e morreu o conto”; “Estaba lendo no libro cando soou o teléfono”; “Beberon no licor café ata que acabaron co garrafón”; “Chamou pola moza, pero ela non saíu á ventá”. "Comeu no caldo ata que fartou".
¿Poderiamos dicir “Come a carne.... Tirou o orixinal.... Estaba lendo o libro....Chamou á moza, ... etc.? Poder poderiamos, claro, pero máis de noso é o que é.