A bolboretiña do día: Achar de menos

descarga (6)

Outro castelanismo camuflado que vive entre nós é “botar en falta” ou “de menos”. Botar onde? A cousa é curiosa. 

A forma do vello galego “achar de menos” -ou sexa encontrar que falta algo, notar a ausencia- acabou varrendo ao vello castelán “hallar de menos”. E dixeron “echar” en vez de “achar” por confusión con tanto uso do “echar” do castelán (echarse a reir, a llorar, a perder, raíces, flores...). 

E así dixeron “Echar de menos”, e, nós, papóns, traducimos por  “botar de menos” facendo recuar o noso “achar de menos”. Podémoslle dar para atrás e volver?  

Acho de menos o pulo colectivo preciso para intentalo, pero por min non vai quedar.

Te puede interesar