Cultura

A bolboretiña do día: Entroido e carnaval

Cultura

A bolboretiña do día: Entroido e carnaval

Entroido e carnaval son cousas parecidas. A palabra entroido (tamén antroido e outras variantes menores) vén do latín “introitus”, entrada, e refírese aos excesos antes do recollemento da Coresma. 

Carnaval, pola súa parte, vén do italiano “carnevale”, en relación con valar ou levar a carne, pois como se sabe na Coresma non se comía. (Farta de cocido antes da Coresma, non é mala idea.) 

Nós adoitamos usar entroido para festa máis popular (cigarróns, peliqueiros, pantallas, boteiros, felos, vergalleiros, charrúas, troteiros, volantes, irrios, madamas, xenerales...) e carnaval para a festa máis cosmopolita. 

Ou sexa, se me disfrazo de cigarrón ou como cachucha milito no entroido, e se vou de supermán comer unha hamburguesa ao McDonals, no carnaval. Pero se vou vestido de xeito estrafalario noutra época do ano, calquera vello me podería dicir: “Vas feito un antroido” e levaría razón.