A bolboretiña do día: O irmán grande do sur

wordcloud (1)

Que o galego e o portugués son linguas próximas é certo, e ben nos vén. Que puideron ser a mesma de non se esgazaren as dúas pólas do vello tronco, tamén. Pero seren linguas irmás e próximas significa que non son a mesma. Ou sexa, se a xente as percibe como achegadas é que non as sente como a mesma. 

E hoxe, despois de cincocentos anos de desencontro, hai que restaurar pontes. Empezando por estudar máis a lingua do sur, e non como unha estranxeira, tipo alemán ou francés, senón como unha variedade exitosa da nosa.

Te puede interesar