A fala dos vellos

A bolboretiña do día: para, pra, pa e p'

wordcloud (1)

A moitos aínda lles estraña que escribamos “para” en vez de “pra”. A tendencia é a escribir as formas plenas, enteiras e despois cada un que acelere o que vexa falando. 

Nós moitas veces dicimos “pra”: “Pra gravar o disco, cómpren bos músicos”. Pero ás veces contraémolo co artigo. Así dicimos “foi pró estudio cedo” ou “deulle o disco prás nenas”. Pero tamén dicimos “pa”, como o vello rei. Así, “pa tocar ben a guitarra, hai que saber” e incluso este “pa” contrae. Así: “Deulle un disco p’as nenas” ou “foi p’o monte cando lle petou”. 

Do mesmo xeito, a contracción de “con + a”. Así: “Fíxo a escultura coas súas propias mans”, aínda que pronunciemos, se falamos rápido, “fixo a escultura cas súas propias mans”. 

Ten lóxica o de escribir as formas plenas e despois cada un que acelere o que queira ao falar. Sempre hai os que van máis lentos e din “para”; na costa, sempre. E pra min é cousa rara.

Te puede interesar