Cultura

A bolboretiña do día | Chuvascos

Cultura

A bolboretiña do día | Chuvascos

Unha falta de ortografía común en Galicia, escribindo en castelán, é poñer “chuvasco” con uve en vez de “chubasco” como grafan na lingua veciña. E a nosa tendencia a pór “chuvasco” vén de que nós relacionámolo automaticamente coa palabra “chuvia” por razóns clariñas. Si. E chuvasco debe vir dun latín “Pluvias cum” —ou sexa, con chuvia. 

Non é raro que o castelán collese do galego esa palabra, porque de chuvia entendemos nós. Igual colle palabras do mar porque Castela case non tiña lugar da súa fala con mar nos séculos de formación da lingua: o leste era de fala catalá, o sur de fala árabe. No norte, entre os galegos, vascos e asturianos, só lles quedaba para meter o fociño no mar, Cantabria. Así, por exemplo a propia palabra “costa” -en vez de “cuesta” ou “pleamar” en vez de “plenamar”. 

En calquera caso, para nós, chuvasco con uve, como é, e os demais que fagan o que queiran, aínda que sexa etimoloxicamente, mal.