A bolboretiña do día | Apóstrofos en galego?

Aí atrás díxenlle que en galego non seu usan apóstrofos (xa saben ese signo como un acento solto que vai entre dúas palabaras como en “d’acordo”). Así, aínda que as palabras se unan na fala “había vint'anos que non viña a Galicia”, non se unen na escrita, e facíamos así, igual que as linguas veciñas, castelán e portugués. 

Pero isto non é certo de todo. Case, pero non. Hai un caso, unha excepción lóxica. Cando se cita o título dun libro ou dunha revista. Por exemplo “A Esmorga” de Blanco Amor, podemos -e debemos- usalo. Así, sería conveniente escribir “N’A Esmorga, os principais personaxes son o Bocas, o Cibran e o Milhomes”. Ou “Esta noticia recollína dun número d’A Nosa Terra de 1924". 

De non facermos a contracción “En A Esmorga” quedaría tan mal, como dicir “En A Coruña” en vez de “Na Coruña”. Aínda que cos topónimos, como o artigo non forma parte esencial do mesmo senón como puro adxacente, funciona como tal, contrae e vai en minúscula. Da Coruña a Ourense hai entre cen e douscentos quilómetros. E na Coruña hai mar. Seguro que xa o sabían.

Te puede interesar