Cultura

A bolboretiña do día | Somente ou soamente?

Cultura

A bolboretiña do día | Somente ou soamente?

En portugués din “somente”, pero nós dicimos "soamente". A cousa é clara. Nas linguas latinas occidentais da Península construímos os adverbios de modo rematados en -mente sobre a forma feminina. Pensen: boamente, malamente, extraordinariamente, etc. Non se lle ocorre a ninguén, nin por machismo extremo, dicir “bomente”, “malmente” ou “extraordinariomente”. Así que sobre “soa” construímos soamente. 

O que pasa é que os portugueses neutralizan moitas formas que acaban en “oa” nun o aberto. Así din “a minha avó é mais velha do que o meu avô”. E así, sobre o “só” neutralizado, pois non hai diferenza entre o masculino e feminino, por iso din só "somente".