A bolboretiña do día | Baixar e Abaixar

Hai palabra moi próximas que veñen da mesma orixe e se van especializando. Un caso é o verbo “baixar” que, como todo o mundo entende, é ir da cima para abaixo, diminuír, etc. Un baixa ao soto da casa a buscar o coche, ou baixan os prezos dos alugueiros. Pero ao lado deste, en galego, en portugués e en catalán existe o verbo “abaixar” que debe de sumar a preposición a -ou ad latina se se orixinou daquela- á forma latina “bassus” que era, efectivamente baixo. Así, ese “abaixar” sempre leva un matiz de movemento engadido cara abaixo. Así “Abaixou a vista cando a moza o mirou fixamente”, ou tamén, moito, metaforicamente, “Tivo que abaixar as súas pretensións na venda do piso” ou “Non se abaixaron a aceptar unhas as condicións que consideraron humillantes”, ou “Todos andamos co ánimo algo abaixado, por mor do mal reinante”.

Te puede interesar