A bolboretiña | Ei Galicia!

undefined

A interxección “Eí”, para chamar a atención, advertir, amosar alegría, etc. é tan nosa que non nos damos conta e a usamos en galego e castelán. Por exemplo, queremos chamar a atención de alguén e preguntarlle o nome e dicímoslle “Ei, como te chamas? e se queremos que nos faga caso dicimos, “Ei, faime caso! E se estamos contentos por algo, poderiamos dicir “Ei, que marabilla”, ou algo polo estilo. Así a recolle o dicionario da RAG e, tamén, o dicionario portugués cun valor idéntico. Nótese que se trata dun ditongo, pronúnciase todo xunto. Nada que ver co adverbio de lugar que usamos en Ourense “eí” en vez do normativo “aí”. Así, na nosa fala local, seguro que a algún lle dixeron algunha vez, “Anda con ollo, eí che vén a moza”,

Por certo, que na revista Nós, aparece varias veces como “berro final” dalgunha declaracións galeguistas un “Ei Galicia”, en vez de “Viva Galicia” ou cousa semellante. Agora que o penso, “Ei carballeira”, berro folclórico-patriótico, ten a mesma orixe.

Te puede interesar