Cultura

Bolboretiña | Encetar

Cultura

Bolboretiña | Encetar

Unha palabra que se usa moito en galego popular é “encetar”. Para min, encetar foi sempre empezar algo de comer que houbera que agarrar. Así, encetar unha peza de pan, un xamón, un chourizo, un queixo, ... Pero non se usaría para “encetar un cartón de leite”, ou “encetar o caldo”, por exemplo. Úsase tamén, a palabra para falar dunha ferida que ten tan mala pinta que está “encetada” non se está inchada e vermella, senón xa ten comestos os bordes da carne, e perdoen o grafismo realista, pero é para me explicar.

Hai tres ou catro anos, estiven o sur de Italia e a miña sorpresa foi alí usaban a palabra “encetare” -pronunciado, claro, “enchetare”- para abrir un queixo. E buscando logo en dicionarios, vin que era palabra tamén existía en castelán aínda que eu nunca a oín neste idioma. Actualmente, en portugués ten un uso máis estendido, non como sinónimo xeral de “iniciar” ou “comezar” pero si no uso do castelán “abrir”, entablar”. Por exemplo, “É preciso encetar unha reflexión sobre o teletraballo” ou “Rusia e Ucraína deben encetar negociacións sobre Crimea”. Nese uso, tamén ten carta de natureza no dicionario da RAG, e pois si, paréceme ben.