Bolboretiña | A partires? Non graciñas

Imos ver. Existe o verbo partir, “Vou partir para América nuns días”, e existe a locución preposicional “a partir” que significa “desde un momento concreto”, “A partir do luns seica van suavizar as medidas de mobilidade”. O primeiro, o verbo, no seu infinitivo, pode -e debe- ser conxugado en ocasións. “Antes de partires para América cumpría chamar aos parentes”, ou “Por partiren para o aeroporto con pouco tempo, perderon o avión”. Non é un verbo moi usado, pero está aí e pódese conxugar en todas as súas formas. O que non se pode facer, e é erro da década do 1980 é o de aplicarlle a terminación da segunda persoa (-es) do infinitivo conxugado á locución preposicional e dicir “A partires de mañá, seica vai deixar de chover”. Este erro é o que se chama “hiperenxebrismo”, pasarse de enxebre. Fixeron daquela as cousas tan complicadas que moita xente acabou coa idea de que non falaba ben... cando en realidade os que se enganaban eran os que escribían inventado formas só para fuxir do parecido co castelán.

Te puede interesar