Cultura

Bolboretiña | Pergamiño ou pegameo?

Cultura

Bolboretiña | Pergamiño ou pegameo?

descarga (35)

En Exipto escribían en papiros e de aí vén a palabra papel e, en inglés, paper, aínda máis parecida. Logo, os gregos inventaron o de escribir na capa interna das peles de ovellas, secas, moi limpiñas e estiradas, tal como as membranas dos tambores. E como o centro industrial estaba na cidade de Pérgamo, pois de aí lle vén o nome. 

En galego dubídase. Pergameo é a forma máis antiga e maioritaria na lingua medieval, localizada desde 1309 -cando os usaban- e pergamino (non sabemos se pronunciado como eñe, que pode ser) xa desde o século XV. En portugués, pergamiño. No rexurdiemento, Curros -que miraba ocasionalmente ao sur, usou “pergamiño”, mentres que no Tío Marcos da Portela, aparece e é maioritaria, pergameo. 

Así que xa saben. Sinónimos, pergameo/pergamiño. Como alumear e iluminar, da mesma orixe e dúas derivacións. De todas maneiras, recoméndolles papel. É máis barato e fácil de encontrar.

Te puede interesar