Cultura

Bolboretiña | Valer ou pagar a pena?

Cultura

Cultura

Bolboretiña | Valer ou pagar a pena?

Úsase hoxe moito nalgúns ambientes neofalantes a expresión “pagar a pena” para non dicir “merecer o valer a pena” e pensando que esta primeira expresión é máis enxebre cá segunda. Teño dúbidas. Creo que deber ser un deses casos de interese excesivo nese diferencialismo artificial entre linguas moi próximas. Explícome. Buceo nos textos e o de “pagar a pena” só me aparece desde os anos oitenta do século pasado. E buceo no portugués, e topo que hai un poema de Fernando Pessoa, "Mar portugués", que di : Valeu a pena? Tudo vale a pena/ se a alma non é pequena. E nos dicionarios de frases, sempre igual. E miro en italiano, e dise tamén “vale la pena”. É lóxico: a palabra valer significa o mesmo nas tres linguas e pena, nalgún dos seus sentidos, tamén. 

Nós temos Pena Corneira, para lembrarnos outro; as penas de prisión, para lembrar aínda outro, e incluso pena, relacionado con penar, apenado -alma en pena- para outras. Así que non vale a pena complicarse a vida.