Cultura

Bolboretiña | Xa está pago

Cultura

Bolboretiña | Xa está pago

Sabemos todos que hai verbos que teñen participio regular (cantar, amar...), irregular (escribir, ver, dicir) e outros que o teñen dobre (pagar, imprimir, espertar). Como linguas próximas, a maioría das veces coinciden en galego e castelán (dicido ou escribido están mal nas dúas) pero claro, non sempre isto é así. O principal problema son os dobres: usamos a forma regular cando ten un uso moi verbal (non dá pagado a hipoteca, non sei como vai facer) e a irregular cando é máis próxima ao substantivo ou adxectivo, como con verbos ser, estar, levar, etc. (o café xa está pago; pagou o seu amigo. Foi espertado por un trono as tres da mañá, e leva esperto desde aquel momento. As luces quedaron acesas todas a noite... non as deu apagado o encargado, estaba a chave mal). O verbo morrer, aínda que de momento non o  recollan as normas, tamén é dobre. Así debemos dicir: “Está morto desde hai seis anos”, pero tamén: “O xabarín espetouse contra o coche, espernexaba, pero non daba morrido”. E cales son os participios dobres? Míreno por aí. Iso é fariña de máis para unha bolboretiña.