Cultura

Bolboretiña | Estar afeito e adoitar

undefined
Os galegos enxebres usan moito o verbo afacer no senso de adaptase a algo, de aí a expresión que comeza o título desta bolboretiña. É normal, por exemplo, dicirmos, “Hai que afacerse a vivir con máis coidado ca antes” ou “non me afago (ou non me dou afeito) a andar coa cara tapada”. Preferimos moito o verbo afacer ao verbo acostumar, que, se nas dúas frases ditas son intercambiables, non así noutros contextos, como por exemplo,  “No inverno acostuma chover”. O que non se pode usar aquí é “suele” ou “soler”, un castelanismo facilmente evitable. Dicir “No inverno suele chover” é feo, o ditongo ue de suele, renxe. En fin, aquí, poden dicir mellor “No inverno adoita chover”. Así que se queren falar ben, afáganse a usar afacer e adoitar. “Antes adoitábase comer bacallau con coliflor na Noiteboa, agora, unha farta de gambóns”

Te puede interesar