Día das Letras Galegas 2021

Cales son as palabras preferidas dos galegos?

undefined

Sentidiño, afouteza, irmandade... estas son as palabras galegas elixidas pola cidadanía

Galicia celebra este 17 de maio o Día das Letras Galegas. Unha xornada adicada á poeta lucense Xela Arias e na que se reivindica a lingua galega e o seu uso. Con motivo do día do idioma galego, recopilamos aquelas verbas elixidas polos galegos como a "palabra do ano".

A proposta xorde do portal Palabra do Ano, unha iniciativa conxunta da Real Academia Galega e da Fundación Barrié que nace no ano 2013 e na que os galegos elixen aquela palabra que consideran que protagonizou ese ano. Estes son os termos elixidos nos últimos anos.

Ano 2020 - Nós

O pasado 2020 foi un ano marcado pola pandemia do coronavirus, algo totalmente novo en todo o mundo. Covid-19, coronavirus, confinamento, restriccións, máscaras... Foron moitos os termos que comezamos a incorporar no noso día a día, mais ningún deles foi o elexido. A palabra do ano foi "Nós" en homenaxe ao centenario da Xeración Nós. Unha elección que invita á esperanza e ao optimismo nun ano especialmente difícil.

Ano 2019 - Sentidiño 

Aínda que un ano despois converteríase nun dos principais lemas de Sanidade durante a pandemia do coronavirus, para os galegos "sentidiño" foi a palabra que marcou o ano 2019. Unha palabra moi característica dos galegos, que vén de sentido e coa que se chama ao sentido común. 

Ano 2018 - Deseucaliptización 

A palabra do ano 2018 foi o neoloxismo deseucaliptización. Esta verba foi elixida ante a crecente preocupación da sociedade polos montes galegos e pola presenza cada vez maior desta especie. Deseucaliptización é un termo que se refire ao movemento de quitar eucaliptos dos montes galegos.

Ano 2017 - Afouteza

O termo "afouteza" retírese á disposición de que actúa sen temor ás dificultades ou perigos, así como á seguridade que demostra unha persoa en sí mesma. A elección desta palabra está moi ligada ao Celta de Vigo, xa que "afouteza" foi a protagonista da campaña de comunicación do club nesa tempada na que o equipo competiu na Europa League. Baixo o lema "This is afouteza" e "vamos ensinarlle ao mundo o significado de afouteza", esta palabra conquistou as rúas de Vigo.

2016 - Irmandade

Con motivo do centenario das Irmandades da Fala, no ano 2016 a palabra elixida foi "irmandade". Ademais trátase ducha verba que se refire ao sentimento de tratarse como irmáns.

2015 - Refuxiados

Para a sociedade galega a palabra do ano 2015 foi refuxiados. Unha escolla que plasma a realidade social do momento que se estaba a vivir, no que a cris dos refuxiados foi unha cuestión que acaparou portadas e telexornais, así como parte da axenda política.

2014 - Corrupción

O termo escollido no 2014 tamén pon de manifesto a visión dos cidadáns sobre a situación que atravesaba a nosa sociedade. 

Te puede interesar