Cultura

Colectivas de concurso e solidaridade

Cultura

Colectivas de concurso e solidaridade

Para Terre d’hommes, a Fundación de “Ayuda a la infancia desamparada” fundada por Edmond Kaiser fai sesenta anos, con título baseado no homónimo dunha obra de Saint-Exupéry, traducida ao español para a Editorial Sudamericana polo escritor rianxeiro Rafael Dieste, estase a desenrolar a IIª Bienal solidaria de arte no sobreclaustro do Liceo. A obra do célebre autor francés anticipouse á critica da sociedade industrial dende os valores intemporais do ser humano. Promoveuna en Galicia na área metropolitana da Coruña o pintor de orixe viguesa Tino Poza (+2016). Alí, na Asociación de artistas plásticos galegos, coñeceuna Paco Ascón, barcelonés que traballou alí durante décadas e vive entre nós e na Veiga dende a súa xubilación Así por segunda vez, coordinou un elenco de trinta e cinco obras doutros tantos artistas. Con Carmucha Vázquez Prats á fronte, nesta exposición coral están Martínez Coello, Leandro, Pachón, César Prada, “Vilamoure”, Xaime Piñeiro, “Poldras”, Ehlaba, ou Taboada, ademais de Ascón, con obras que dende a súa estética usual, de pequeno formato e un prezo económico para o ‘cachet’ deles, comparten as paredes do Liceo con Lareo, Yolanda Carbajales e Begoña Pastoriza, entre outros. Unha xenerosidade de artista.

Cromática VI

Está a concluír a Bienal-concurso de arte a Cum Laude que se mostra no segundo andar municipal da Rúa Lepanto. Esta mostra competitiva para artistas novos desta anovadora Fundación, que botou a andar no seu día no vello Ateneo da Torre, da que é a cabeza visible dende fai once anos a médico Ángeles Baliño. Desta volta fixeron un magnífico vídeo para a súa visita virtual, modelo que ben poderían imitar nas mostras públicas do propio Concello e Deputación, ou tamén as de Afundación, con máis cartos. As corenta e seis obras dos artistas, algúns de México, Portugal ou Italia, nesta sala céntrica pedían non obstante unha maior amplitude para a contemplación. Un xurado, que non se fixo público, premiou “All Muses die” de Andrea Davila, obra realizada para o Grado de Arte da UVigo... Autora en formación, nada en Boiro (A Coruña, n.1999), está a participar no Mº de Pontevedra nunha colectiva. A súa obra mestura un texto inverosímil acompañado dun código binario, todo con corte láser, superposto a unha muller núa con manguitos para o baño, corpo censurada e sen rostro, óleo e acrílico. O premio do público foi para Alvar Aldiel con ZebrArt, outra técnica mixta con pinturas luminescentes ao aerosol sobre o corpo dunha cebra. A muller espida na praia en Tarde de verano de Alicia Pérez, o descritivo Bowie de Abraham Caride, ou bipolaridade explícita sexual da escena de parella de Mascarada de Natalia Sandoval teñen un aquel para os visitantes. Para nós é reveladora a de Marcos Covelo, licenciado en BB.AA. en Barcelona fai dez anos e hoxe profesor asociado da facultade en Pontevedra/UVigo, acrílico e óleo, rotulados esmalte brillante y spray sobre lienzo “Il y a un gran désordre dans le réel”, que diría Jacques Lacan. Esta exposición de catro meses, aquela de dúas semanas, amosan desde as variadas metas un amplo abano plástico e a riqueza de iniciativas.