Cultura

O CSIC presenta este venres o libro 'Mulleres con poder na Galicia medieval (séculos XIII-XV)'

A cita é en Santiago, no Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento, a partir das 19,30 horas

O Consello Superior de Investigacións Científicas presentará este venres, 23 de marzo, en Santiago de Compostela, o libro 'Mulleres con poder na Galicia medieval (séculos XIII-XV). Estudos, bibliografías e documentos', iniciativa do Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento, centro mixto do CSIC e da Xunta de Galicia.

Dirixido ao público xeral e de entrada libre até completar aforamento, a presentación terá lugar a partir das 19,30 horas deste venres no Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento.

O acto estará presidido pola presidenta do CSIC, Rosa Menéndez López, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.

O evento contará, ademais, coas intervencións do delegado do CSIC en Galicia, director do IEGPS e editor da obra, Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, e da deputada Marta González Vázquez, exsecretaria xeral de Igualdade da Xunta.

A obra, que conta con case un milleiro de páxinas, estrutúrase en tres partes, incluíndo diversos estudos sobre a muller nos séculos medievais, así como máis de medio centenar de biografías, unha colección de documentos e unha trintena de debuxos arqueolóxicos.
 

Te puede interesar