Aniversario de Blanco Amor

A cultura celebra un dos grandes premios literarios

OURENSE 30/11/2019-. Entrega del premio Blanco Amor de novela.  Manuel Baltar, Xesús Fraga. José Paz
photo_camera Entrega do premio Blanco Amor a Xesús Fraga. (Foto: José Paz)
Xesús Fraga recolleu o galardón pola súa obra "Virtudes (e misterios)"

O Liceo de Ourense acolleu a tradicional gala de entrega do premio Eduardo Blanco Amor de Novela Longa outorgado pola Deputación de Ourense, que este ano alcanza a súa trixésimo oitava edición. Xesús Fraga recolleu o galardón pola súa obra "Virtudes (e misterios)" rodeado de personalidades da cultura e do mundo literario, así como representantes políticos.

Os actos programados polo corenta aniversario do pasamento de Blanco Amor continúan este luns, ás 12,00 horas, coa clásica ofrenda floral no cemiterio de San Francisco, que realizan os alumnos do instituto que na cidade leva o nome do escritor.

Te puede interesar