Cultura

A bolboretiña do día | Dentamia ou osamia de nadia

Cultura

A bolboretiña do día | Dentamia ou osamia de nadia

Hai formas da fala que por seren moi minoritarias e por se afastaren do estándar ao uso, non se van manter vivas. E, de certo, non me acaba de encher o ollo a pedra. Por exemplo, a forma “nadia” en vez do estándar “ninguén”, que cada vez escoito menos. Por exemplo a forma “dentamia” ou “osamia” en vez de dentadura ou osamenta. 

Si. Se cadra é lei de vida, pero a verdade, amólame, porque ben me gustaban e aínda as oín moitas veces. Cada vez menos, claro. Pero polo menos, podémolas manter como sinónimos. Mal non fan.