¡Buone visioni!

Érase unha vez...

La película "Life is live".
photo_camera La película "Life is live".

O cineasta galego Dani de la Torre colleu un dos síntomas colaterais da pandemia: o amarcord. Non é o único. O efecto nostalxia atrapou a moitos cineastas, e nos últimos meses tomou como refén a carteleira. Puidemos ver os biográficos Belfast de Kenneth Branagh, Fue la mano de Dios de Paolo Sorrentino, ou Licorice Pizza de Paul Thomas Anderson, as revisitacións de épocas pasadas de Última noche en el Soho de Edgar Wright ou a de Ghostbusters: más allá de Jason Reitman. Mesmo chegaron os remakes de El callejón de las almas perdidas de Guillermo del Toro ou West Side Story de Steven Spielberg. Sensibilidades diferentes, xéneros dispares, pero todos confinados nos recordos, oscilando entre a nostalxia e o déjà vu.

Cun cambio de rexistro con respecto ás súas obras anteriores, tamén Dani de la Torre, nado en 1975, volve á cinefilia da súa infancia e adolecencia, a aqueles heroes e narracións que, dalgún xeito, contribuíron a formar a súa mirada-e a de moitos espectadores mozos daqueles marabillosos anos. Live is Life é outro claro exemplo de amarcord cinematográfico. Gravado enteiramente na Ribeira Sacra–quitando o incipit en Barcelona, que en realidade é Vigo, e uns créditos iniciais no que cruzan a Península Ibérica-o filme é unha aventura dos 80 duns amigos case adolescentes que se rencontran nun verán. Plantexan pasar a noite de San Xoán lonxe das familias e ir ata o alto dun monte para buscar ao amencer unha flor máxica que, segundo a lenda, podería convertir os desexos en realidade.

O filme de Dani de la Torre é unha oda á amizade e á Galicia de interior, pero filtrada pola lente do cine ianqui dos oitenta. Destaca o reparto de xoves actores, a excelente fotografía de Josu Inchaustegui xunto ao traballo de Manuel Valcárcel e a montaxe, sempre solvente, de Juan Galiñanes. Quizais sexa un dos poucos exemplos de cine español, quizais o único perfectamente logrado, de como se pode contar unha historia sobre a infancia e a adolecencia no rural, sen buscar sistematicamente o documento naturalista. Dani de la Torre elixe a fantasía e a imaxinación para contar os primeiros golpes da vida, o bullying, as inxustizas do mundo adulto e o medo á enfermidade. Mesmo o que fixo Steven Spielberg en moitas das súas películas, Richard Donner en Los Goonies (1985) ou Rob Reiner en Cuenta conmigo (1986). A esas miradas pode sobrepoñerse a de Wolfgand Petersen en La historia interminable (1984), que ao igual que Live is Life empeza co protagonista escapando duns malos compañeiros. A historia de Live is Life apóiase na tradición galega e non ten os piques fantásticos que ten a longamentraxe de Petersen, tampouco a de Reiner, pero sí ten o seu lado oscuro, sobre todo á hora de tratar temas como a enfermidade e a morte. Live is Life aposta pola imaxinación, a alegría e o gozo, pero á vez non dubida en presentar o mundo predatorio dos adultos e a dor pola separación, polo que son, sempre cunha sensibilidade parecida ao cine de Spielberg. Ao igual que o director estadounidense, o cineasta monfortino sabe narrar moi ben o confín entre o xogo e a vida, o soño e a realidade.

Definitivamente, con Live is Life Dani de la Torre salda a súa débeda con algunhas das obras fetiches dunha xeración e regálanos un amarcord singular, emotivo, entretido.

Te puede interesar