Entrevista

“Estamos asistindo ao fin do mundo rural tal e como o coñecemos"

Antón Jardón e Delfín Caseiro co seu libro. (Foto: Miguel Ángel)
photo_camera Antón Jardón e Delfín Caseiro co seu libro. (Foto: Miguel Ángel)
Os escritores ourensáns Delfín Caseiro e Antón Jardón publicaron o seu primer libro conxunto, "A luz da chuvia" baixo o selo editorial Toxosoutos

Os escritores ourensáns Delfín Caseiro e Antón Jardón publicaron o seu primer libro conxunto, "A luz da chuvia" baixo o selo editorial Toxosoutos. Esta publicación, que conta dez relatos ambientados na posguerra e na dictadura, forma parte da serie Esmorga. As súas páxinas son unha homenaxe á memoria da cultura popular galega no mundo rural.

Que os inspiraron en cada unha das historias dos personaxes?

Delfín Caseiro: Son un relato da oralidade que nós mamamos nas nosas casas. Naquel tempo tiñamos moitas horas e escoitábamos as historias que aínda hoxe perduran. Moitas delas aparecen no libro recreadas, con compoñentes tamén autobiográficos e reais. Intentamos ensamblar todo cunha visión idealizada, na que presentamos as singularidades que nos interesaron subliñar.

Hai un obxectivo detrás destes contos populares?

Antón Jardón: Estamos asistindo ao fin do mundo rural tal e como o coñecemos. É tal a penetración que tiveron os comportamentos globais no medio rural, que os seus elementos diferenciais que alimentaban a nosa cultura, deixaron de ser ese componente. Co libro queremos contribuir á memoria de onde se alimenta ao longo dos anos a cultura galega, trasladando os elementos etnográficos.

D.C.: A cultura popular é o resultado das achegas de todas as persoas e do conxunto da sociedade, é nosa. Sentímonos en débeda con todos os que antes nos transmitiron eses elementos, as formas de pensar, de ser e de se comportar. Queremos que perdure ese valor.

Ven o mundo rural como un símbolo da nosa identidade?

D.C.: Por suposto que si. É algo da realidade que nos forma como persoas, seguro que seríamos distintos senon fose por esta realidade rural. Hai un riqueza vivencial moi grande, recollida en determinados personaxes, que son representantes da forma de ser.

A.J.: Somos aldeanos no sentido de non renegar, porque somos o resultado desto. Durante moito tempo, eran moi potentes as aportacións do rural nas cidades. Agora son as cidades as que están levando o seu modo de vida ás aldeas. Todos os personaxes en conxunto forman un puzzle e debuxan o medio rural 

Os personaxes únense ao longo das páxinas?

D.C.: Os personaxes van dunha historia a outra. Hai un fondo común que é o tempo e o espazo, a época da posguerra na que pouco a pouco nos imos librando das sombras. É un pasado mísero, no que se vai entrando na modernidade e na prosperidade. Todo esto refláxase coa chegada do automóbil, da televisión ou do teléfono.

A.J.: No fondo están interconectados. Buscamos unha coherencia a pesar de que son relatos, porque todos forman parte da realidade rural.

Que deixan ver da sociedade da época?

A.J: Reflexan certa tolerancia. Había moitos aspectos deste tempo de Franco que había permisimividade e convivencia con determinadas formas que hoxe non é concebible. Nos relatos visualizase ben algúns dos grados de diversidade.

D.C.: Eran uns tempos nos que non había liberdade política pero que gozaban de liberdades sociais. Hoxe apélase á diversidade, que xa existiu daquela e conviviu con toda naturalidade.

Que significa “A luz da chuvia"?

D.C.: A chuvia é un elemento característico da nosa terra e nesa época os invernos eran moi longos. A luz ten un valor metafórico de que nos esperta, nos abre os ollos

A.J.: A chuvia é un elemento que identifica, pero tamén forma parte do ambiente pesado. A escuridade non era só física, pero sempre aparecían algunhas ráfagas de luz que lles permitían ser case felices. Despois de varios títulos, esto foi o que nos levou a escollelo.

Te puede interesar