Falece Benxamín Casal, presidente da Editorial Galaxia

O presidente da Galaxia, o lugués Benxamín Casal (1935-2013), faleceu aos 78 anos de idade, informaron a Efe fontes da editorial que na actualidade encabezaba e á que estivo ligado durante décadas.

Enxeñeiro e economista, este galeguista de vocación, que proclamaba que 'sen a nosa identidade non somos nada', substituíra Xaime Isla á fronte da Galaxia, mantendo a mesma liña de compromiso coa lingua e a literatura galega.

Casal foi conselleiro da Caixa Galicia, mantivo unha notábel actividade política, sendo por exemplo deputado no Parlamento autonómico polo PSdeG na primeira lexislatura, de 1981 a 1985, e é autor de varios traballos relacionados co mundo rural.

Te puede interesar