Literatura

“El impostor”, o thriller hipnótico da Javier Cercas

javier cercas
photo_camera O escritor Javier Cercas
Cercas indaga na vida de Enric Marco, o nonaxenario barcelonés que ó longo de casi tres décadas fixose pasar por supervivinte dos campos de concentración nazis.

Desta volta, de prezo cativo e de distribución básica nos quiosques, axeitado para levalo á praia, pois, un libro de Javier Cercas, ese novelista da historia recente, Sánchez-Mazas, Tejero, que hai cinco anos fixera a súa primeira aparición en tapa dura. Fascinado, como todos, con este nachiño catalán, Enric Marco, o hoxe nonaxenario fabulador quen se fixera pasar por sobrevivinte dun campo de concentración nazi. O que o levou a institutos e colexios, congresos e universidades, mesmo ao parlamento español, ceibar unha testemuña tan falsa como os duros de Cádiz aqueles.

Levantada a lebre por un escuro historiador chamado Benito Bermejo o finxido cautivo tivo de devoltar honores e condecoracións, mais lonxe de arrepentirse (así figura diante de Cercas)  fixo unha fuxida cara adiante, afastando a primeira careta para ir dispoñendo outras nun xogo de bonecas rusas ou caixas chinesas. Logo vén que Cercas, chamado el mesmo “impostor” (pois novelista) polo seu colega Martínez de Pisón, fai ao longo desta novela, docudrama ou como queiramos chamarlle unha autoconfesión (tamén autocrítica) del mesmo, dun xeito ben chamativo. Polo que, dalgunha maneira, temos tamén aquí autoficción, ese recurso tan espallado no percorrido literario.

¿El que ten/ tiña Marco de narcisista? Todo. Ou nada. Ao menos tal como se debe entender o famoso mito. Ao xeito de Ovidio, no seu “As metamorfoses”, onde Narciso desaparece xusto ao se recoñecer e non poder aturar a súa figura. Eis o argumento de Cercas diante dun personaxe que nacera nun manicomio (a súa nai, demente, pechada nel) e marchou á Alemaña de Hitler en calidade de traballador voluntario (por máis que fora preso por razón confusamente políticas).

As mesmas que o levarían á secretaría da CNT, na Transición (o home foi unha chea de cousas, tamén preso común por roubo), o que se explica polo barullo dese momento, confuso -por definición- en termos ácratas. Un libro que ten connotacións con “A sangue frío” de Truman Capote, Cercas tamén tratou polo miúdo co seu heroi. O único que a Capote coa execución dos seus  deu cadrado o circo. O de Enric Marco (e Cercas, lástima fora) segue aberto. Un pouco como o poeta finxidor de Fernando Pessoa.

Te puede interesar